Novas
Contido coa etiqueta .
Naufraxio Do Villa De Pitanxo
O xuíz dáse 6 meses máis para concluír as pescudas do naufraxio do Villa de Pitanxo
16/08/2024 08:08
O xuíz da Audiencia Nacional Ismael Moreno prorroga a investigación tras constatar que está "pendente a práctica de dilixencias esenciais para un maior esclarecemento dos feitos"
Ofrenda floral ao mar en Terra Nova, o último adeus aos falecidos no Villa de Pitanxo
23/06/2024 22:49
Remata unha semana moi emotiva onde tivo lugar unha gran homenaxe da cidade canadense
A Casa Real envía unha mensaxe aos familiares das vítimas do Villa de Pitanxo
A Casa Real envía unha mensaxe aos familiares das vítimas do Villa de Pitanxo
23/06/2024 22:24
Fixérono por medio dun telegrama que o embaixador de España no Canadá lles entregou ás familias en Terra Nova
Cerimonia final de lembranza das 21 vítimas do Villa de Pitanxo en Terra Nova
22/06/2024 20:37
As familias pediran a misa en lembranza dos seus achegados e tamén de todos os mariñeiros que perderon a vida no Atlántico
As familias das vítimas do Villa de Pitanxo agradecen o labor das autoridades canadenses
22/06/2024 15:04
Mostras de gratitude e recoñecemento para os responsables do rescate e repatriación das vítimas
Os responsables de Pesca da Xunta e do Goberno central participaron no acto
As familias do Villa de Pitanxo dan un último adeus aos 21 falecidos en Terra Nova
21/06/2024 18:43
Familiares das vítimas acudiron a un acto de homenaxe no que participaron tamén autoridades canadenses
As familias que non puideron viaxar encheron de ramos as placas instaladas nas localidades españolas
Familiares de mariñeiros falecidos no Villa de Pitanxo viaxan ao Canadá
20/06/2024 20:45
Asistirán a varias homenaxes que as autoridades do país norteamericano teñen preparadas na honra dos falecidos
Familiares do Villa de Pitanxo van participar nunha homenaxe ás vítimas en Terra Nova
15/06/2024 18:55
Colocarán unha placa en memoria dos 21 falecidos no naufraxio
10/05/2024 14:09
O auto da Audiencia Nacional considera improcedente a petición formulada pola armadora e o patrón que solicitaba a anulación do informe dos peritos xudiciais
A Audiencia Nacional avala o informe que culpa o patrón do naufraxio do Villa de Pitanxo
09/05/2024 17:46
A Sala do Penal asegura que "a nulidade do informe pericial" pretendida polos investigados "é absolutamente improcedente"
A Audiencia Nacional prorroga seis meses a instrución do Pitanxo para facer máis dilixencias
01/03/2024 10:30
Os familiares viron como "positiva" esta prórroga, debido a que "sempre pediron unha investigación profunda das causas do naufraxio"
As familias do Villa de Pitanxo piden xustiza dous anos despois do naufraxio
17/02/2024 16:42
O superviviente Samuel Kwesi sumouse á ofrenda que se celebrou en Marín
O naufraxio do Villa de Pitanxo segue en fase de instrución no segundo aniversario
15/02/2024 14:31
O Villa de Pitanxo afundiuse a 250 millas de Terra Nova cun forte temporal
Rescataron tres tripulantes vivos e nove cadáveres e hai outros doce desaparecidos
O informe das imaxes do barco afundido reforza a postura das familias das vítimas e cuestiona a versión do capitán e a armadora
O inspector da Capitanía Marítima, no xulgado: "O Pitanxo cumpría coas medidas de seguridade"
14/02/2024 13:58
Os avogados do Grupo Nores Marín difunden nun comunicado as declaracións do inspector da Capitanía Marítima de Vigo perante o xulgado Central de Instrución número 2
Segundo os letrados, o perito manifestou en sede xudicial o pasado 9 de febreiro que non constatara deficiencia ningunha no buque
A inspección acontecería días antes da derradeira marea do Pitanxo
Segundo aniversario do naufraxio do Villa de Pitanxo
10/02/2024 15:30
A investigación está en fase de instrución e aínda non hai data para o xuízo
As familias din que descansarán cando se coñeza a verdade e se faga xustiza
As familias do Pitanxo afrontan o 2º aniversario do naufraxio esperanzados co informe dos peritos
03/02/2024 17:28
O ditame descarta que unha parada repentina do motor fose a causa do naufraxio
Confían en que xuíz corrobore o escrito dos peritos na súa sentenza
A armadora do Pitanxo ve "graves erros técnicos" no informe dos peritos xudiciais
01/02/2024 15:56
Desde o despacho de avogados que representa o Grupo Nores din que as conclusións periciais están apoiadas "en testemuños de parte interesada" e que amosan "falta de familiarización" coa manobra pesqueira
As familias das vítimas, satisfeitas polo informe pericial que sinala o patrón
As familias do Villa de Pitanxo, satisfeitas polo informe pericial que sinala o patrón
01/02/2024 10:30
A voceira das familias, María José de Pazo, considera que o informe dos peritos vai ter "bastante peso" na causa e ve "preto" a apertura do xuízo oral
Confirma que o sábado 17 haberá un acto de homenaxe en Marín para recordar os 21 falecidos, coincidindo co segundo aniversario da traxedia
31/01/2024 12:37
O informe encargado pola Audiencia Nacional asegura que "a causa máis probable do afundimento do buque foi un erro humano do capitán, pola falta de percepción cabal do risco de afundimento que supoñía a manobra que realizou"
A portavoz das familias destaca que "é a constatación deste toda esta loita mereceu a pena e que era necesario baixar ao barco para mostrar con probas o camiño da verdade"
Os armadores do Villa de Pitanxo aseguran que o barco contaba con todas as medidas de seguridade
26/11/2023 17:45
Directivos de Pesqueiras Nores negan na súa declaración ante a Audiencia Nacional que lle metesen presión ao mariñeiro ghanés Samuel Kwesi
Extraballadores do Villa de Pitanxo cuestionan a seguridade do pesqueiro e negan que houbese simulacros
As familias do Villa de Pitanxo reúnense co delegado do Goberno e co conselleiro do Mar
22/11/2023 20:43
Están pendentes das declaracións dos representantes da empresa armadora na Audiencia Nacional
As familias das vítimas do Pitanxo queren lembralos cunha placa no Canadá
22/11/2023 14:13
O delegado do Goberno en Galicia comprometeuse a colaborar con esta petició
Á espera do informe pericial das imaxes tomadas na baixada ao pecio, as dilixencias continúan
Os directivos de Pesqueiras Nores, chamados a declarar polo naufraxio do Villa de Pitanxo
19/11/2023 16:28
O director xeral e o encargado da frota declararán como investigados ante a Audiencia Nacional o vindeiro 27 de novembro
Tamén están citados tres mariñeiros que formaron parte da tripulación do pesqueiro galego e tres tripulantes do buque portugués que prestou axuda no naufraxio
16/10/2023 11:29
Ambos acudirán a declarar pola súa presunta responsabilidade no naufraxio. aínda que non se confirmou a data
"Gravouse todo: o barco, os aparellos..., e estaba todo intacto"
13/06/2023 11:19
O director xeral da empresa propietaria do buque Ártabro, que realizou a inspección do pecio do Villa de Pitanxo, explica que a localización do buque afundido foi bastante doada e que contaron cunha visibilidade "moi boa" para poder realizar a gravación dos restos
O Ártabro atraca en Vigo tras finalizar a misión de inspección do Villa de Pitanxo
12/06/2023 13:01
O robot submarino que transportaba gravou imaxes dos restos do buque e das súas inmediacións que servirán como proba na investigación das causas do naufraxio
Os peritos atoparon evidencias suficientes na inspección do Villa de Pitanxo
06/06/2023 12:25
Está previsto que o Ártabro chegue de volta a Vigo o próximo luns
As familias das vítimas están satisfeitas coa misión submarina do Villa de Pitanxo
05/06/2023 15:29
A misión de inspección do Villa de Pitanxo dá por acadados todos os obxectivos
Os traballos foron rápidos pero os peritos coincidiron en que a gravación era suficiente
Os familiares insisten en que a mágoa foi non baixar antes ao barco
Rematan os traballos da expedición do Ártabro en Terra Nova sen atopar ningún corpo no Pitanxo
04/06/2023 22:17
As famlias dos mariñeiros confírmaronlle a TVG que o robot Tritón xa captou todas as imaxes precisas para a investigación xudicial aberta
As gravacións do robot submarino certificaron que se trata do pesqueiro galego que naufragou en febreiro de 2022 en augas de Terra Nova
O buque enviado á procura do Villa de Pitanxo atopou a estrutura dun barco
02/06/2023 06:20
Agardan a chegada do bo tempo para que o robot do Ártabro poda confirmar a identidade do barco
Consideran positivo o achado e din que están esperanzadas
A orde de embarcar dous peritos máis no Ártabro alivia ás familias das vítimas do Pitanxo
25/05/2023 14:12
O buque encargado da inspección diríxese a San Xoán de Terra Nova para recoller un segundo perito designado polo xulgado, e outro de parte das familias
O Ártabro partira do porto de Vigo o 17 de maio sen autorización da Audiencia Nacional, que deu orde de enrolar estes dous técnicos antes de comezar a misión de busca do pecio
A expedición ao Pitanxo esperará en Terra Nova os dous peritos autorizados polo xuíz
24/05/2023 16:22
Transportes apela á independencia do órgano que analizará os restos
23/05/2023 18:59
O xuíz emitira unha providencia solicitando información porque o Ártabro partira sen "expresa autorización" xudicial
O xuíz do caso do Pitanxo pide explicacións ao Goberno por non cumprir as súas ordes
22/05/2023 16:15
O maxistrado Ismael Moreno reclama que o informen de "se efectivamente o buque partiu, se a bordo se atopa algún dos peritos xudiciais designados" e por que non se deu "debido cumprimento" ás súas ordes para que a expedición de baixada ao barco estivese coordinada pola Audiencia Nacional
De Pazo: "Se o xuíz non valida as probas, tiramos ao lixo o traballo das familias"
19/05/2023 10:41
A voceira das familias do Villa de Pitanxo pídelle ao maxistrado que aclare se aceptará a información ao non autorizar a Audiencia Nacional a saída do barco
As familias do Pitanxo pídenlle ao xuíz que ordene o regreso do Ártabro
18/05/2023 13:48
Consideran que o barco partiu sen todas as garantías ao non ter o visto da Audiencia Nacional
A ministra de Transportes asegura que foron respondidos todos os "requirimentos e peticións de información"
O barco que buscará o Pitanxo prevé completar a expedición antes de que termine xuño
Parte de Vigo o barco que tratará de inspeccionar os restos do Villa de Pitanxo
17/05/2023 15:15
O xuíz Moreno advírtelle ao Goberno que é a Audiencia Nacional a que coordina o operativo, tras permitir a CIAIM a súa partida
As familias advirten de que a "misión está en perigo"
O barco que inspeccionará o Villa de Pitanxo prevé saír de Vigo hoxe á tarde
17/05/2023 11:50
Este martes o Ministerio enviaba finalmente o contrato á empresa adxudicataria e, unha vez asinado, informouse a Audiencia Nacional
Besteiro confirma aos familiares do Pitanxo que o Goberno asinou o contrato para baixar ao pecio
16/05/2023 13:01
O delegado do Goberno en Galicia confirmou que o barco da ACSM "xa está dispoñible" en Vigo para iniciar a operación
As familias solicitaron que o Ministerio envíe toda a documentación pedida pola Audiencia Nacional para acelerar os trámites
O Ministerio de Transportes enviará este martes o contrato de baixada ao Pitanxo á compañía ACSM
15/05/2023 21:11
Se a empresa asina mañá o contrato poderá quedar formalizado mañá mesmo, segundo fontes ministeriais